A semana pasado no Obradoiro Eume II de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio, tiveron lugar unhas xornadas teórico-prácticas, a cargo de profesionais especialistas na materia.

A primeira delas a cargo de Susana López Prieto, logopeda no Concello de As Pontes, “Comunicación no entorno e os problemas na alimentación en persoas de idad avanzada” dando a coñecer os sistemas alternativos e/ou aumentativos da comunicación e explicar as características da alimentación e diferentes técnicas de apoio e inxesta, en función das necesidades dos usuarios.

A outra charla “Hixiene bucal en persoas de terceira idade” impartida por Àurea Ramos Bello, Hixienista Dental no Centro de saúde de As Pontes (SERGAS) e Ainhoa Lechuga Fernández, alumna en prácticas no PAC de As Pontes. Co obxectivo de describir e aplicar técnicas de limpeza e conservación de prótesis, precisando os materiais necesarios en función do estado e necesidades do usuario.

Estas xornadas complementan a formación das alumnas-traballadoras deste Obradoiro na súa recta final.

Podes ver as fotos aquí