[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

As Pontes, 22 de Febreiro de 2016. A aula CeMIT continúa coa formación en TIC.

Horario da Aula

Luns a xoves: 10:30 a 13:30 e 16:30 a 21:30

Venres: 09:00 a 14:00.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

Oferta formativa

O día 29 porase en marcha un curso de “iniciación ás follas de cálculo”. Para esta iniciación utilizaremos a ferramenta gratuíta LibreOffice Calc. Esta actividade ten como obxectivo proporcionar unha base para poder usar este tipo de ferramentas, moi útiles para o pequeno negocio debido á súa flexibilidade, potencia e simplicidade de uso. “Iniciación ás follas de cálculo” terá un horario de 20:00 a 21:30 dende o día 29 de febreiro ata o 15 de marzo.

Este xoves día 25 de febreiro conectaremos por videoconferencia co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para a retransmisión dun seminario sobre desenvolvemento de WebApps con HTML5. O obxectivo do seminario consiste en trasladar aos/ás participantes as posibilidades de HTML5 no desenvolvemento de WebApps cun enfoque orientado cara a interfaces multidispositivos, ás novas apis de xeolocalización, local storage, appCache, posibilidades gráficas, utilidades que existen para xogos interactivos, etc

Tamén o día 25, as 18:30 a aula CeMIT acollerá o obradoiro “Directrices da paisaxe de Galicia” a cargo do Insituto de Estudos do territorio da xunta de Galicia.

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia está a desenvolver a Estratexia da Paisaxe de Galicia. Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu resultado a un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, o cal está en exposición pública para presentación de alegacións.

Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as determinacións e obxectivos de calidade paisaxística, criterios e accións, que conformarán as Directrices da Paisaxe. Entendendo que este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, programase a realización de 50 obradoiros participativos, un por cada comarca paisaxística galega.

Este obradoiro ten prazas limitadas. Podes reservar a túa enviando un correo electrónico ó enderezo [email protected]

DESCARGARSE DIRECTRICES DE PAISAXE DE GALICIA AQUÍ

Para inscribirse nos cursos e actividades ou para solicitar máis información sobre eles/as poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.

[/fusion_text][one_half last=”no” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/one_half][one_half last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/one_half][/fullwidth]