As Pontes, 22 de novembro| Prado Ventura Hípica, organiza este obradoiro de motivación ao deporte e ao exercicio físico coa colaboración do Concello de As Pontes. Aposta pola difusión da práctica deportiva como unha actividade complementaria da saúde mental. O lema ” Mens sāna in corpore sānō” fai referencia á necesidade de dispoñer dun espírito equilibrado nun corpo equilibrado.

Con esta finalidade, organízase este curso os catro domingos do mes de xaneiro de 2018.

É para ti, se…

  • Queres facer deporte e non sabes por onde empezar
  • Queres vencer o sedentarismo
  • Queres baixar de peso
  • Queres vincularche a un deporte e non o fas por condición física
  • Queres aumentar ton muscular
  • Queres adquirir hábitos saudables
  • Queres coidarche máis
  • Sentes que necesitas un acompañamento para adestrar