RTVEume|  O Concello de As Pontes manterá aberto ata hoxe o prazo para solicitar as diferentes subvencións que o executivo local destinará, durante este exercizo, a entidades culturais, veciñais, deportivas, sociais e medio ambientais e que suporán un desembolso total de 655.000 euros, entre fondos para equipamentos e actividades xerais.

A finalidade da convocatoria é dar apoio a estas entidades e contribuír para que acaden os obxectivos que lle son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

Para as entidades deportivas son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento de actividades deportivas federadas, fomento do deporte de base e fomento do deporte escolar. Neste capítulo o orzamento destinado é de 425.100 euros.

En canto as subvencións as Asociacións de Veciños, as axudas destinaranse a impulsar o desenvolvemento económico e o fomento do emprego, a execución de obras e equipamento de interese xeral no ámbito parroquial como poden ser a mellora dos locais soicais e outros de similar natureza, as actividade uqe fomenten a cultura tradicional local, promoción do folclore e tradicións populares, artesanía, música e teatro.

O orzamento destinado á actividade xeral das asociacións veciñais ascende a 25.800 euros, namentras que para infraestructura e equipamento disporán dun orzamento total de 20.700 euros.

Por outra banda, o Concello destinará 68.000 euros a accións tendentes a impulsar actividades destinadas a persoas maiores, discapacitados, persoas con algunha adicción, para a insercción na sociedade de colectivos desfavorecidos e para o fomento da igualdade, por medio das entidades de carácter social.

No que respecta ás entidades culturais e medio ambientais, o executivo local destinará case 117.000 euros, dos case 9.625 terán como destino gastos en infraestructuras e equipamento e os 106.750 restantes destinaranse a actividades en xeral.

Para poder beneficiarse de calquera destas achegas, as entidades solicitantes deberán estar legalmente constituídas, inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia e no Rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes, carecer de fins de lucro e desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello ou sobre temas de interese para o Concello. Ademais é requisito fundamental que as asociacións estean ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes.