[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]Este venres poñíase o broche de ouro ao proxecto As Pontes Experiencia Industrial desde a Concellería de Industria co acto de clausura celebrado na Casa Dopeso. Un acto aberto ao público no que se presentaron os resultados deste programa piloto e as súas novas liñas de acción para a súa segunda fase, que se prevé que se poña en marcha na primavera, máis centrada no turismo industrial e co obxectivo de captar visitantes de fóra da localidade. Neste acto oficial tamén se presentou a nova web do proxecto que inclúe toda a información da iniciativa, empresas colaboradoras e a posibilidade de inscribirse en novas visitas. Tamén se editaron dous novos dípticos, un deles céntrase nas empresas colaboradoras no proxecto e o outro inclúe unha ruta polo patrimonio industrial local que calquera pode realizar pola súa conta.

As Pontes Experiencia Industrial pechaba así a súa primeira fase con éxito, na que participaron 300 veciños en 15 excursións, e na que colaboraron varias empresas do municipio que obtiveron un recoñecemento no acto oficial do venres: Einsa Print, Xaraleira, Biomasa Forestal, Delicias Coruña, Delagro, Adera, Galparquet, Pomesa, Acebrón e Prometal, ás que se unirán outras empresas da localidade nesta segunda edición.

A iniciativa que naceu en 2015 pretende poñer en valor o patrimonio empresarial do municipio, dar a coñecer a historia da localidade, o desenvolvemento urbanístico e a reconversión da mina nun lago artificial. “A experiencia foi moi positiva e é unha forma de que a cultura emprendedora sígase fomentando no municipio” indicou a edil Ana Pena na presentación.[/fusion_text][fusion_code]PGNlbnRlcj48YSBkYXRhLWZsaWNrci1lbWJlZD0idHJ1ZSIgZGF0YS1oZWFkZXI9InRydWUiIGRhdGEtZm9vdGVyPSJ0cnVlIiAgaHJlZj0iaHR0cHM6Ly93d3cuZmxpY2tyLmNvbS9waG90b3MvY29uY2VsbG9kZWFzcG9udGVzL2FsYnVtcy83MjE1NzY2NTE4ODI1MjA3NiIgdGl0bGU9IkFjdG8gZGUgY2xhdXN1cmEgJnF1b3Q7QXMgUG9udGVzLCBFeHBlcmllbmNpYSBJbmR1c3RyaWFsJnF1b3Q7Ij48aW1nIHNyYz0iaHR0cHM6Ly9mYXJtMi5zdGF0aWNmbGlja3IuY29tLzE1NTkvMjUzNzIzNzA3ODVfMDBiMGNlZjc0M19jLmpwZyIgd2lkdGg9IjgwMCIgaGVpZ2h0PSI1MzQiIGFsdD0iQWN0byBkZSBjbGF1c3VyYSAmcXVvdDtBcyBQb250ZXMsIEV4cGVyaWVuY2lhIEluZHVzdHJpYWwmcXVvdDsiPjwvYT48c2NyaXB0IGFzeW5jIHNyYz0iLy9lbWJlZHIuZmxpY2tyLmNvbS9hc3NldHMvY2xpZW50LWNvZGUuanMiIGNoYXJzZXQ9InV0Zi04Ij48L3NjcmlwdD48L2NlbnRlcj4=[/fusion_code][separator style_type=”none” top_margin=”50″ bottom_margin=”50″ sep_color=”” border_size=”” icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” class=”” id=””][imageframe lightbox=”no” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]