As Pontes, 13 de marzo| O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, visitou hoxe As Pontes para coñecer de primeira man as obras que Endesa está a realizar na pranta pontesa para adaptala ás esixencias da Directiva europea de emisiósn industriais.

Sen cumprir con este requeremento, a central non podería operar máis alá do 2.021, e neste caso vaise mesmo superar o demandado para adptarse xa ás novas condicións que se fixarán en tres anos.

Para elo destináronse 217 millóns de inversión e precisarase entre 50 e 80 empresas alleas e perto dun milleiro de traballadores.

O Presidente de Endesa, Borja Prado, fixo de anfitrión de Núñez Feijóo e do Alcalde de As Pontes, Valentín González, que acudía tamén na súa condición de Presidente da Deputación Provincial. Con eles a Tenente de alcalde, Montserrat García, o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, e directivos da propia compañía, que fixeron un percorrido polas instalacións.

A comitiva coñeceu en que van consistir as tarefas de transformación e adaptación das instalaciones de Endesa e o actual funcionamento, confirmando así, a aposta da enerxética por manter a producción no municipio, cando menos ata o 2035, e todo o que sexa posible máis aló desa data.

Borja Prado salientou que se van realizar as actuacións necesarias para cumprir as normativas, sendo unha das máis importantes do grupo, respecto á reducción de niveis de emisións cunha inversión de máis de 200 millóns de euros antes de 2020.

O alcalde, Valentín González, valorou tamén moi positivamente esta aposta pola nosa vila, que sempre soubo sobrepoñerse a cada reto que se lle puxo para manter a súa eficiencia e garantir a súa continuidade.

“Para As Pontes a presenza de Endesa é fundamental e para Endesa a aportación de As Pontes tamén o é, de aí que haxa un bo entendemento, que permita unha continuidade na que todos coincidiamos e puxemos os medios.

Afortunadamente As Pontes soubo diversificar a súa actividade industrial e económica, pero non por elo esta central deixa de ser un activo importantísimo para a Vila”.

Pola súa parte, Alberto Núñez Feijoo comprometeu o seu apoio para lograr que endesa continue apostando por Galicia e, aproveitou a ocasión para felicitar ao actual plantel da factoría pontesa, ós que agradeceu a súa labor para facer da térmica pontesa unha instalación competitiva e eficiente.

Dende o Grupo enerxético que opera no noso Concello incidíuse, ó longo desta visita, en que este proxecto permitirá reducir un 71 % as emisiós de dióxido de xofre, rebaixando nun 62,5 % os óxidos de nitróxeno e un 80 % a emisión de partículas.

Todos os protagonistas citábanse para volver estar na posta en marcha da instalación unha vez acometida esta ambiciosa e vital reforma que garante a previvencia da central nun intre de moita incertidume e dificultades no sector enerxético.