O parque biosaudable das Campeiras encara a recta final

141

As Pontes, 5 de setembro de 2018. A construción do parque biosaudable de As Campeiras, posta en marcha polo Concello de As Pontes, atópase xa na súa recta final.

Trátase dun proxecto que da resposta a unha vella demanda dos veciños e co que o Concello de As Pontes referenda o seu compromiso coa mellora da calidade de vida dos veciños e a optimización e ampliación dos espazos e áreas de lecer que existen no municipio.

Montserrat García, tenente de alcalde, sinala que con este circuíto biosaudable “melloramos e aumentamos a oferta deportiva e de lecer municipal. Trátase dun ximnasio público ó aire libre que permitirá á veciñanza fortalecer e exercitar o corpo. Confiamos en que contribúa a promover unha vida máis saudable, a práctica do exercicio físico e, o mesmo tempo, fomentar un espazo de encontro e diversión”.

Un módulo de esquí de fondo, un volante, un módulo de paseo dobre e unha bicicleta completan os cinco cos que os veciños poderán desenvolver e mellorar as capacidades motrices básicas mediante diferentes exercicios de forza, coordinación e resistencia.

Todos os módulos constan de certificados de fabricación e homologación para o seu uso como elementos deportivos e coa durabilidade necesaria para o seu uso no exterior.

Esta estación ven a sumarse ós catro parques de saúde que o goberno xa instalou nos xardíns do Parque Municipal, no poboado do Barreiro, na Casilla e na parroquia de Ribadeume. García apunta que “ todos os veciños, especialmente os residentes na zona, poderemos gozar deste novo espazo dentro dunhas semanas. Trátase dun servizo público de benestar e saúde, moi demandado, pensado para que toda a veciñanza poida usalo”.