As Pontes, 26 de novembro.  O grupo de traballo local por unha transición xusta,  a raíz das informacións publicadas nos medios de comunicación sobre a viabilidade das probas realizadas, durante o último mes, na central térmica das Pontes con biocombustibles, quere trasladar unha forte crítica contra as formas empregadas por Endesa e o fondo das súas actuacións.

Ante este movemento inesperado da empresa, non respectando as decisións adoptadas na reunión de traballo celebrada no Ministerio de Transición Ecolóxica, o pasado 2 de outubro e na que estiveron presentes a todos os actores implicados na procura de alternativas viables para a central térmica das Pontes -Ministerio de Transición Ecolóxica, Xunta de Galicia, Concello das Pontes, Endesa, CC. OO, CIG, UGT y comité de empresa de Endesa- para dar a coñecer os resultados das probas dos traballos de hibridación de combustibles.

Desde o grupo de traballo local, solicítase ao Ministerio de Transición Ecolóxica, a convocatoria urxente da mesa de traballo con Endesa, na que tamén estean presentes a Xunta de Galicia e Ministerio.