As Pontes, 14 de agosto| O sábado, 18 de agosto, o Mago Antón chegará o Lago de As Pontes co seu Magomóbil para facer gozar a nenos e maiores dun divertido espectáculo de xogos de maxia sorprendentes.

Haberá seis sesións, de balde, desde as 17:00 horas ata as 22:00 horas, cun aforo limitado a 70 persoas por función. As entradas poderán retirarse o mesmo día do espectáculo, no Lago, un pouco antes de cada pase.

Unha actividade organizada polo Concello de As Pontes na que o Mago Antón buscará a implicación do público que suba o seu magomóbil, un autobús caracterizada para o seu espectáculo.