As Pontes, 25 de agosto| Logo do adecentamento da estrada que conduce á Fonte das Buliqueiras pola Deputación da Coruña, o ano pasado, o Concello plantexouse a necesidade de acondicionar e sinalar este paraxe natural tan importante para o municipio.

O manancial ferruxinoso das Buliqueiras é unha fonte situada na parroquia do Aparral no concello de As Pontes. É unha fonte mineiro mediciñal rica en ferro, cuxas propiedades curativas son coñecidas alomenos dende o século XIX.

A historia do manancial está fondamente vencellada ao uso terapéutico das augas. Durante o século XIX e comezos do XX eran moitos os enfermos que acudían a As Pontes a beber das súas augas.

Desta maneira púxose en marcha un proxecto para a restauración do lugar que levaba consigo varias fases de actuación e que finalizaba o mes pasado. Limpouse e acondicionouse o espazo, tamén levouse a cabo instalación de mobiliario, instalación de medios interpretativos como sinais que permiten aos visitantes acceder ao espazo patrimonial e facilitan a localización da fonte e, un panel interpretativo con información útil para o visitante sobre o espazo.