As Pontes, 7 de decembro de 2018. O Concello de As Pontes saca a licitación as obras de mellora da pavimentación e servizos na Avenida de Ortigueira, no tramo inmediato ó cemiterio municipal.

Trátase dun proxecto, cun orzamento base de licitación de 79.194,50 euros, con cargo ó Pos Adicional 2018, que busca mellorar as condicións de deterioro na que se atopan os pavimentos e corrixir as deficiencias lumínicas da zona para dar así, un mellor servizo a toda a veciñanza e ós usos propios do cemiterio.

O proxecto, cun prazo previsto de 3 meses de execución, inclúe a renovación do pavimento das beirarrúas con lastras de formigón, a colocación dos alcorques a nivel para impulsar a accesibilidade do viario, a mellora do servizo de alumeado e de saneamento coa reposición das arquetas e a instalación de novo mobiliario urbano (bancos e xardineiras).

Estas actuacións permitirán a renovación estrutural e superficial da zona, seguindo os mesmos criterios aplicados nos proxectos de humanización levados a cabo polo goberno local no centro urbano, para incrementar os niveis de funcionalidade, seguridade viaria, accesiblidade e calidade da rúa.