O CONCELLO INFORMA

624

As Pontes, 28 de decembro de 2018.  O pleno da corporación municipal de As Pontes, na sesión ordinaria do 7 de novembro, acordou a aprobación inicial da ordenanza reguladora da utilización puntual do local de usos múltiples (antiga nave do polbo – Feira do Gando) e do Muíño de Prieto e abríase un prazo de trinta días para presentar reclamacións e suxestións.

O Concello de As Pontes informa que ante a presentación de alegacións, a ordenanza non entrará en vigor ata que se resolvan ditas alegacións, polo que a veciñanza non poderá solicitar o uso dos locais ata a aprobación definitiva da mesma.

O Concello informará publicamente da entrada en vigor da ordenanza definitiva, para que a veciñanza poida solicitar o uso do edificio de usos múltiples (antiga nave do polbo – Feira do Gando) e do Muíño de Prieto, situados na Área Recreativa Xosé Ferro.