O Concello de As Pontes asinaba hoxe con Endesa o convenio polo que se ceden ó município activos por valor de máis de 75 millóns de euros.

O convenio, que se leva negociando nos últimos anos, permitirá que pasen a ser de propiedade municipal, e polo tanto de uso e disfrute dos veciños, os terreos que atinxen á desafectación definitiva da mina e algúns viais e terreos anexos (praia do lago), asi como todo o Poboado das Veigas con tódalas súas instalacións e edificios.

Segundo o documento asinado hoxe en presenza das técnicas municipais e os representantes veciñais de Saa, Espiñaredo, A Casilla e As Veigas, a empresa Endesa queda obrigada a realizar una inversión duns catro millóns de euros.

A finalidade é remodelar integralmente os viais, os servizos básicos de abastecemento, saneamento, e alumeado, evitando que haxa que facelo con cargo ás contas municipais como ocorrera cos outros catro poboados.

O Concello comprometeuse á modificación das normas para así establecer as medidas de protección urbanística da estética das vivendas, e permitir a segregación en parcelas do Poboado, que actualmente era unha única parcela catastral

Agora tocara iniciar o proceso para a entrada en vigor deste convenio coa aprobación plenaria.

Este convenio refírese tamén á reforma da central térmica das Pontes, para a súa adaptación á Directiva Europea de Emisións Industriais (DEEI).

A sinatura oficial facíana o alcalde de As Pontes, Valentín González e por parte de Endesa Miguel Tembury, Director xeral territorial do Noroeste da eléctrica, e Juan Carlos Alonso, Director de minaría de Endesa. Asistía tamén a tenente de alcalde Montserrat García.