As Pontes, 22 novembro de 2018.  O Concello de As Pontes e A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) fixeron entrega hoxe, na Casa Dopeso, dunha serie de equipos de aforro enerxético a 15 familias do municipio que participaron nun proxecto piloto de loita contra a pobreza enerxética.

Coordinadas polos Servizos Sociais do Concello das Pontes, as familias recibiron asesoramento técnico e legal para reducir a factura enerxética e mellorar as condición de habitabilidade dos seus fogares tras analizar os resultados obtidos dos estudos enerxéticos levados a cabo pola FAEPAC.

Na última fase do proxecto, fíxoselles entrega de equipos de aforro para mellorar as condicións de iluminación dos fogares,  diminuíndo o consumo, coa implementación de luces de tecnoloxía LED de última xeración. Ademais tamén se entregaron reloxos programadores, para aproveitar de xeito eficiente a discriminación horaria e burletes para portas e fiestras, que permiten diminuír as filtracións de aire ao interior das vivendas.