O Concello de As Pontes vai promover unha extensión do programa de pictogramas

431

As Pontes, 16 de xuño| O Concello de As Pontes vai promover unha extensión do actual programa de pictogramas que se ten desenvolvido en todos os edificios públicos.

Ao igual ca nestes e no das entidades que xa se ofreceran a colaborar na colocación destes carteis, tentarase acadar a colaboura do comercio, a industria e a hostalaría local para que tamén conten con eles.

A traverso das Asociacións nas que se aglutinan estes sectores, proporáselles a súa participación nun programa promovido dende Aspanaes e o Concello e que busca aumentar a comprensión e a comunicación de tod@s @s nen@s.

O obxectivo fudamental, con todo, desta iniciativa, é facilitar a identificación de lugares e servizos a aqueles que teñan TXD (trastornos xerais de desenvolvemento), e tentando sempre facilitarlles a comprensión do entorno que os rodea.