As Pontes, 8 de xuño| O CONCELLO DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ CONVOCA 3 DÍAS DE LOITO OFICIAL POLO FALECEMENTO DE IGNACIO ECHEVERRÍA.
Tamén se acordou por unanimidade dos grupos políticos municipais nomear como Parque Ignacio Echeverría o parque do Poboado do Anguieiro, onde viviu a súa infacia.

O pobo de As Pontes únese á dor da súa familia e o vindeiro sábado ás 12 da mañá terá lugar unha concentración na Praza do Carme en sinal de condena aos actos terroristas e en homenaxe ao que foi o noso veciño e perdeu a vida nun acto heroico tratando de salvar a vida de outros. D.E.P Ignacio Echeverría