As Pontes, 8 de setembro| O Concello de As Pontes, a través do IPPEC, manterá aberto ata finais de mes o prazo para beneficiarse das axudas económicas correspondentes á segunda edición do programa As Pontes Emprende, co que se busca incentivar a creación de novos proxectos empresariais, fomentar a actividade empresarial  e xerar emprego no municipio pontés.

Tal e como apuntaron dende o departamento que dirixe Juan Carlos Romero, o executivo local destinará un total de 60.000 euros a este programa de axudas,  non obstante, os créditos asignados á convocatoria poderán incrementarse no caso de que a demanda de solicitudes supere dito importe. De feito, segundo subliñou o propio edil, o que se pretende é poñer a disposición dos medianos e pequenos empresarios locais, ademáis de traballadores autónomos, todos aqueles recursos e medidas dos que dispón a administración local para fomentar a creación de empresas, dinamizando a posta en marcha de pequenas e medianas empresas, o fomento do traballo autónomo e o comercio tradicional.

Según o Concelleiro de Industria, consciente das dificultades que existen a hora de emprender e de poñer en marcha calquera empresa ou negocio, por iso  considera que poñer a disposición de quen o precise todos os recursos cos que conta a administración local para levar a cabo esta iniciativas é un deber inexcusable para cos cidadáns.

As Pontes Emprende contará con dúas liñas de axudas: o programa Instálate, dotado cun máximo de 2.000 euros, e que vai dirixido a sufragar os gastos de material e inversión para a adecuación do local empresarial e a posta en marcha do negocio en cuestión, e a liña de axudas Impúlsate, tamén cun máximo de 2.000 euros por solicitante, e que terán como destino sufragar os gastos de alugueiro do local no que se desenvolverá a actividade empresarial.

Estas axudas son complementarias polo que cada solicitante poderá contar con ata 4.000 euros a fondo perdido co que poñer en marcha o seu proxecto na nosa localidade.

O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o día 30 deste mes de setembro, sendo necesario que os beneficiarios presenten as pertinentes solicitudes e documentación, no rexistro do Concello, así como obter calquer información ao respeto nas oficinas do propio IPPEC, na pranta baixa da Casa do Concello,  de luns a venres en horario de mañá.

As bases deste programa económico xa se poden consultar na edición do 1 de agosto do Boletín Oficial da Provincia (www.dicoruna.es) , así coma na páxina web do Concello.

Consultar bases