O Fondo de Compensación Ambiental que lle corresponde ó Concello de As Pontes, derivado da presenza de parques eólicos no noso concello, ascende a 219.587 euros.


O Concello decidiu destinar estes fondos á realización das seguintes obras:

1.- Renovación da Rede de Abastecemento das rúas Narón, Pablo Picasso e A Cuiña
2.- Execución do Saneamento no chao de Vilar Novo.
3.- Musealización da Escola Unitaria das Campeiras co obxectivo de convertirse nunha Aula de Reciclaxe mediante a dotación de equipos, elementos de interpretación, materias audiovisuais e interactivos.

Para a execución destes traballos contratáronse 20 persoas durante 3 meses.