O Concello de As Pontes oferta un curso de iniciación ó golf

126

As Pontes, 26 de setembro de 2018. O Concello de As Pontes, a través da Concellería de Deportes e Xuventude, oferta un curso de iniciación ó golf co obxectivo de promover a práctica deportiva e a actividade física entre os veciños da vila e achegalos a esta disciplina deportiva.

As clases, dirixidas a adultos e a rapazas e rapaces maiores de 8 anos, desenvolverase todos os sábados do mes de outubro, nas instalacións do Club de Golf Campomar (Ferrol), de 16:00 a 19:00 horas.

O curso de iniciación ó golf ten un custe de 20 euros, hai 25 prazas dispoñibles e é preciso formalizar a inscrición, ata o 4 de outubro, a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 627 536 059.