O Concello de As Pontes inicia unha rolda de encontros coas asociación veciñais

300

As Pontes, 28 de maio de 2018. A Concellería de Participación Cidadá comezou, fai unhas semanas, a rolda de encontros que o Concello mantén, todos os anos, coas asociacións veciñais do municipio co obxectivo de escoitar ós veciños, visitar a contorna das asociación e transmitirlles o apoio municipal.

O último encontro desenvolveuse, a semana pasada, na asociación de veciños de Saa, onde a edil Montserrat García mantivo unha reunión coa nova directiva desta entidade veciñal que lle permitiu coñecer, de primeira man, as necesidades e inquedanzas dos representantes veciñais e tratar de dar resposta ás súas principais demandas para seguir traballando na mellora das parroquias de As Pontes.

A creación dun parque infantil na contorna da asociación, o uso do campo da festa ou a disposición do mobiliario urbano foron algúns dos temas abordados durante este encontro que tamén permitiu á concelleira tomar nota de pequenas actuacións de mellora e acondicionamento do local social e a súa contorna que serán solucionadas grazas á intervención dos operarios municipais para, deste xeito, poder atender de maneira rápida as peticións realizadas polos novos representantes da veciñanza de Saa.

No transcurso deste encontro, Montserrat García púxose a disposición da nova directiva para reforzar a colaboración entre os representantes dos veciños e o goberno de cara a dar resposta ás demandas destas entidade e para a posta en marcha de novos proxectos municipais orientados a mellorar a calidade de vida de todos os ponteses.

Esta xuntanza súmase á celebrada fai unhas semanas coas directiva da asociación de veciños das Campeiras na que se puxeron sobre a mesa temas como a posta en marcha das obras para a creación dun parque biosaludable na zona, unha vella demanda dos veciños.  Trátase dun proxecto que se enmarca dentro da folla de ruta do goberno municipal para mellorar a calidade de vida dos veciños, promover hábitos saudables, fomentar o envellecemento activo así como optimizar e ampliar os espazos e áreas de lecer.

A concelleria ten previsto continuar, en próximos días, con esta rolda de encontros con todas as asociación veciñais do municipio.