As Pontes, 24 de xullo de 2018. A Policía Local de As Pontes dispón, desde a semana pasada, dun novo vehículo que servirá para facilitar ás labores dos axentes no espazo rural  e permite renovar a flota de vehículos existentes, con máis de 10 anos de antigüidade.

O novo vehículo é un todoterreo Toyota Land Cruiser, de  2.500  centímetros cúbicos, cinco prazas, catro por catro, cambio automático e unha potencia mínima de 150 cabalos, cuxo importe é de 40.909 euros.

Foron  José Alén, concelleiro de Réxime Interno e Recursos Humanos e Seguridade Cidadá, e Antonio Alonso, concelleiro de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos, os encargados de facer entrega do vehículo ó sarxento da Policía Local de As Pontes.