As Pontes, 19 de xullo de 2018. O Concello de As Pontes convoca o proceso de selección de dous auxiliares administrativos, con carácter interino, e a creación dunha lista de espera a través de concurso-oposición.

Os aspirantes a cubrir estas prazas deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da Unión Europea, ser maior de idade, estar en posesión da titulación de Bacharelato superior, Formación Profesional de 2º grao ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á praza convocada así como o Celga 4.

Por outra banda deben posuír capacidade funcional para o desempeño da praza e non ter sido separados, mediante expediente disciplinario, das Administracións públicas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargo públicos.

Para optar ás prazas, a fase de oposición constará de dous exercicios, de carácter obrigatorio e eliminatorio. A fase de concurso consistirá na valoración dos méritos dos candidatos: servizos prestados na administración pública, titulación superior á esixida ou realización de cursos formativos relacionadas coas prazas convocadas.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos e a declaración do cumprimento das condicións establecidas, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de de 8:30 a 13.30 horas, en un prazo de dez días hábiles desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Pódese obter máis información sobre as bases da convocatoria no BOP 136, con data 18 de xullo de 2018, na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes http://concello.aspontes.org/