O Concello de As Pontes celebra o Día da Danza

105

O Concello de As Pontes súmase á conmemoración do “Día Internacional da Danza”, que se celebra o vindeiro 29 de abril, coa proxección do videoclip “A Fraga” no que se recolle una pequena mostra do último espectáculo das escolas de baile do municipio. A presentación terá lugar hoxe, 27 de abril, ás 19:00 e ás 19:30 horas na Casa Dopeso. A entrada é de balde.

A Fraga é un espectáculo multidisciplinar no que participaron 246 alumnas e alumnos, con idades comprendidas entre os 6 e os 60 anos, das Escolas Municipiais de Baile Clásico, Moderno e Flamenco do Concello de As Pontes. Este proxecto tamén contou coa colaboración do grupo de teatro  O Catre.