O concello de As Pontes acollerá o vindeiro, 10 de outubro, unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre cultivo de grelo e comercialización.
Esta acción, financiada con Fondos FEADER está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente con sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e a cadea forestal ou con expectativas de incorporación, en espacial mozas e mozos do medio rural galego.
O curso impartirase na Casa Dopeso, de 09:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas e as persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Oficina Agraria Comarcal das Pontes situada no Complexo Administrativo das Pontes  (rúa, 8 de marzo, nº 12)
Descarga a solicitude aquí