As Pontes, 18 de outubro de 2019. O Concello das Pontes aforrará, os vindeiros anos, un 72,7% do seu consumo enerxético grazas a un proxecto de renovación do 80% do alumeado público exterior.

O proxecto, valorado en 836.553 euros, dos cales 669.242 euros serán aportados polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), cofinanciado con fondos FEDER,  e 167.311 euros polo Concello das Pontes, inclúe a substitución de 1.153 luminarias, provistas con lámpadas de vapor de sodio de alta presión, por luminarias con tecnoloxía LED, de maior eficiencia enerxética. Asemade, tamén se procederá á actualización de 18 cadros de mando co obxectivo de adaptalos á normativa vixente.

Esta actuación suporá, en palabras da concelleira responsable da área, Maite Méndez, “unha diminución da potencia instalada que pasará de 237,98 KW A 120,9 KW e unha significativa redución do consumo (636.661 KW/h) así como un importante aforro económico que rondará os 119.000 euros anuais”

Pola súa banda, a concelleira de Industria, Ana Pena, fai fincapé que a través desta primeira fase do proxecto de renovación do alumeado público na que o Concello contou  coa colaboración para a súa elaboración da FAEPAC, resposable de realizar a análise enerxética do alumeado público, elaborar un plan de mellora e eficiencia e uso racional da enerxía, “o goberno local busca convertese nun referente en aforro enerxético e na reducción da contaminación lúminica renovando, de xeito integral, o alumeado público exterior do municipio”.

Pena tamén destacou que o obxectivo fundamental desta actuación é a reducción do consumo enerxético nas instalacións existentes e por extensión “reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro, aminorando a pegada do carbono da instalación do alumeado público do municipio, e mellorar as condicións de visilidade nas rúas da vila e, polo tanto, a seguridade e calidade de vida de toda a veciñanza”.