As Pontes a 6 de Marzo de 2017

O Concello de As Pontes continua a reinvindicar o mantemento da oferta de bacharelato no Instituto Castro da Uz, e hoxe mesmo mantiña unha xuntanza coa coordenadora de ANPAs ABRENTE, con representates do centro e o ANPA do mesmo, no que se consensuaba un novo calendario de mobilizacións.

Diante do inmovilismo da Xunta e a calada por resposta ante a reclamación unánime de toda a comunidade educativa  e social pontesa, decidíase volver a saír á rúa e mesmo levar a protesta ante a Delegación Territorial da Xunta en A Coruña.

A tenente de alcalde, Montserrat García, daba traslado destes acordos a todos os grupos políticos con representación no Concello, nunha Xunta de Portavoces, que tivo lugar este mesmo mediodía.

Este sábado día 11, celebrarase unha concentración diante do Concello as 12h da mañá, na que o Concello e ABRENTE fan un chatamento de participación a toda a ciudadanía para reclamar o mantemento da oferta educativa na localidade.

Así mesmo, o vindeiro xoves día 16, a concentración terá lugar na cidade da Coruña diante da Delegación Territorial no Edicifio Monelos ás 12h do mediodía, para a que o Concello fletará autobuses gratuitos que saíran ás 10h da mañá de diante do edificio consistorial.