As Pontes, 9 de novembro de 2018. O Concello de As Pontes abre o prazo para presentar as solicitudes para o proceso selectivo de constitución e funcionamento dunha lista de espera de persoal administrativo, grupo C, subescala C1.

O sistema de selección será o de concurso oposición, en quenda libre, e os aspirantes deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da Unión Europea, ter máis de 16 anos, estar en posesión do título de Bacharelato superior, Formación Profesional de 2º grao ou titulacións equivalentes ou superiores así como o Celga 4.

A fase de oposición constará de dous exercicios, de carácter eliminatorio. A fase de concurso consistirá na valoración dos méritos dos candidatos: servizos prestados na Administración Pública, titulación superior á esixida ou realización de cursos formativos relacionados, pola súa natureza, coa Administración Pública. Por outra banda, os candidatos que non acrediten coñecementos en lingua galega Celga 4 realizarán unha proba de galego.

As instancias, xunto coa documentación requirida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de de 8:30 a 14.00 horas, no prazo de 10 días hábiles seguintes á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información no BOP número 214, do 9 de novembro de 2018 ou na ligazón http://concello.aspontes.org/anuncio/novo-proceso-selectivo-para-constituir-unha-lista-de-espera-complementaria-da-existente-de-administrativo-a/