O circuíto de As Pontes acollerá a selección CUP RIVAS 2019

214
  • Maverick Viñales formará parte do xurado da proba
  • Os pilotos seleccionados participarán nun campionato nacional

As Pontes, 21 de febreiro de 2019. O circuíto de As Pontes albergará, o próximo 3 de marzo, a cuarta edición da proba CUP Dani Rivas, unha iniciativa na que participarán centos de novos pilotos chegados desde todos os puntos da xeografía española e desde distintos países europeos.

Esta proba, que nace en memoria do piloto galego, Dani Rivas, falecido no ano 2015, en Laguna Seca, ten como obxectivo descubrir e promocionar a novos pilotos de motociclismo facilitando o seu acceso ao deporte do motor, coa máxima seguridade e a uns custos reducidos.

A proba, que constará de dúas categorías, Mini GP para nenos de entre 9 e 13 anos e Minivelocidad para nenos de entre 6 a 9 anos, dará comezo ás 10:30 horas no circuíto pontés, no que as novas promesas da moto GP poderán demostrar as súas calidades e, desta forma, acceder a unha das trinta bolsas que reparte a organización da proba.

Un xurado formado por 5 integrantes, entre os que se atopa Maverick Viñales, Xavi Forés, Julián Simón Sesmero, Raúl Fernández e Esteban García, xefe de mecánicos de Marverick Viñales, serán os responsables de realizar a selección dos pilotos.

Baseándose en criterios obxectivos tales como o peso, as notas escolares, o número de caídas, o tempo da volta máis rápida ou o comportamento dentro do trazado, así como outros aspectos relacionados cos perfís persoais de cada participante, seleccionarán ós pilotos que posteriormente participaran nun campionato que incluirá varias probas que se disputarán en diferentes circuítos españois.

O concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de As Pontes, Chicho Tembrás sinala a importancia que para o municipio ten este tipo de probas “que vai permitir reunir a un bo número de afeccionados ao motociclismo, co seu consecuente impacto económico no municipio, contribuíndo, ao mesmo tempo, á súa promoción para converter a As Pontes nun lugar de referencia, no noroeste peninsular, dentro do mundo do motor”.