O buzón dos Reis Magos de Oriente cambia a súa ubicación, e dende hoxe volve atoparse nos soportais do Concello. E é que o forte vento rexistrado nestas últimas xornadas provocou a caída da figura e que algunhas das cartas que había no seu interior saísen voando e se perdesen. É por este motivo polo que dende o Concello se pide a todos os nenos e nenas da Vila que xa escribisen a súa carta e non recibisen a resposta dos Magos de Oriente, que a volvan redactar e posteriormente depositar no buzón real, ubicado nos soportais da Casa do Concello.

Xa saben que dende a entidade municipal se vela para que todas as cartas coas peticións e desexos dos nosos pequenos e pequenas cheguen a Melchor, Gaspar e Baltasar e de feito, nos últimos anos, todos os participantes reciben unha máxica mensaxe das súas Maxestades Os Magos de Oriente.