Home Destacadas O ALCALDE DE AS PONTES REVALIDA A PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O ALCALDE DE AS PONTES REVALIDA A PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O ALCALDE DE AS PONTES REVALIDA A PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

As Pontes, 1 de xullo de 2019. O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, foi proclamado hoxe presidente da Deputación da Coruña por segunda lexislatura consecutiva.

Tras catro anos á fronte do goberno provincial, Formoso volve lograr o respaldo da maioría da cámara, cos votos a favor de Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego, En Marea e Alternativa dos Veciños.

Durante a sesión de investidura, González Formoso, tras agradecer o respaldo de familia, compañeiros de partido e deputados e deputadas, deu conta da gran responsabilidade e ilusión coa que afronta esta segunda etapa como presidente.

Un novo reto no que buscará, ao igual que nestes últimos catro anos, o consenso, a colaboración e o diálogo entre todas as forzas políticas para seguir facendo da provincia da Coruña todo un referente no país e un exemplo de como o vivir nunha pequena vila ou nunha gran cidade, non impide que se conte cos mesmos dereitos e oportunidades.

O presidente provincial, adiantou que ao longo dos vindeiros catro anos, continuarase coas liñas xa marcadas nesta última lexislatura, apostando por plans de emprego que permitan fomentar o emprededurismo e a formación; programas que axuden ao desenvolvemento do rural e a loitar contra a despoboación e políticas de cooperación entre municipios.

X