As Pontes, 6 de setembro|

Horario da Aula

Luns a venres de 08:00 a 14:30

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

O día 15 de setembro a aula ceMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, porá en marcha un novo curso orientado ás persoas maiores. O curso “Organización en arquivos e carpetas”, ten como obxectivo achegar á xente maior ó mundo da organización interna dun ordenador xa que é unha das maiores dificultades cas se soen atopar. Crearemos carpetas, gardaremos contido nelas, veremos como copiar, cortar e realizar operacións sobre ficheiros e aprenderemos a intercambiar información como fotos e vídeos cun dispositivo externo, xa sexa unha memorIa portátil ou un teléfono móbil.

Esta actividade realizarase de 10:00 a 12 entre os días 15 e 22 de Setembro. Como ven sendo habitual é unha actividade totalmente gratuita.

Para inscribirse inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.