As Pontes, 23 de setembro| O luns día 3 de outubro comeza o curso gratuíto de facturación e contabilidade con Cont4 na aula CeMIT da casa Dopeso. O obxectivo fundamental do curso é ofrecer unha formación global para a realización da maioría das operacións cotiás dunha empresa.

O programa engloba as funcións de Cont4 Facturación e Contabilidade nunha única aplicación creando un entorno de traballo máis manexable.

DESTINATARIOS

Destinado a aquelas persoas que tendo coñecementos básicos de contabilidade e facturación desexen coñecer o funcionamento dun programa de xestión (CONT4), ben como complemento á súa formación ou para xestionar unha pequena ou mediana empresa.

Horario: Do día 3 ó 13 de 17:00 – 19:00

Para inscribirse inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.