Novo curso de deseño 3D con SketchUP na Aula CeMIT

95

As Pontes, 7 de maio| O día 21 de maio dará comezo o curso DESEÑO 3D CON SKETCHUP: CONCEPTOS BÁSICOS na aula CeMIT da Casa Dopeso.

SketchUp (anteriormente Google SketchUp) é un programa de deseño gráfico e modelado en tres dimensións (3d) basado en caras. Utilízase en entornos de arquitectura, enxeñería civil, desesño industrial, deseño escénico, etc.

Obxectivos:

Aprender a manipular as ferramentas básicas de Sketchup e traballar con 3D usando a versión gratuita Sketchup Make.

Contidos:

  • Deseño con Sketchup
  • SketchUp primeiros pasos
  • Ferramentas de debuxo
  • Ferramentas de modificación
  • Importar arquivos (DWG/DXF)
  • Imaxes e Texturas
  • Visualización: Sombras, Escenas e Estilos
  • Conexión con Google Earth.
  • Ampliando SketchUp: Plugins básicos.

Deseño 3d con SketchUP: Conceptos básicos

  • Datas: días 21, 23, 24, 29, 30 e 31 de maio
  • Periodicidade: de luns a xoves
  • Horario: de 10:00h a 12:00h

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.