As Pontes, 14 de setembro| Na primeira semana de outubro realizaranse dúas visitas guiadas en As Pontes do proxecto de posta en valor do patrimonio industrial e a industria viva “Experiencia Industrial”. As visitas realizaranse a Queserías do Eume e Casa do Mel, aproveitando que esa mesma semana celébranse as XVII Xornadas Apícolas e a VIII Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente.

Datas:

  • 03 Outubro QUESERÍAS DO EUME  
  • 04 Outubro CASA DO MEL DE GOENTE

Horario:

  • 9:15 h diante do Concello.

As visitas son gratuitas e será necesario reservar praza a través do correo [email protected], ou no teléfono 608 201 251.