As Pontes, 24 de xaneiro| O vindeiro 3 de febreiro, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación.

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.1 aprenderemos a usar pequenas placas de prototipado a facer os nosos proxectos realidade.

Mediante Arduino e Raspberry PI, comenzaremos un novo prototipo de instalación interactiva, unha instalación manexada mediante o internet, onde os usuarios podrán interactuar cos obxectos fabricados no fab lab pontés. Está será unha das primeiras sesións de traballo na que definamos o concepto e o funcionamiento, fagamos un prototipo para ver o seu funcionamento e analicemos costes y melloras para o desenrolo final, un proxecto que aglutina dende o internet das cousas, audio e video dixital, robótica e o uso das impresoras 3d e do CNC.

Outro proxecto que levaremos acabo e a montaxe dos robots velocistas de competición, pequenos vehículos intelixentes de carreiras, controlados por un microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth e repleto de sensores, cámaras… 

Para desenrolar os proxectos modelaremos en 3d o coa a axuda de scaners 3d as nosas pezas para fabricalas nas impresoras 3d ou a fresadora CNC, además de diseños vectoriais para dar os nosos obxetos distintos acabados.

Usaremos distintas técnicas para ensamblar as nosas creaccións, desde micro soldadura con estaño, agulla e fio conductor os téxtiles, e outras ferramentas que pondremos a disposición dos usuarios do Amigus Labs.

Dentro da zoa Amigus Labs Kids tendremos un obradoiro de fabricación de disfraces con textil interactivo, no que podrás crear un antifaz ata dar vida o teu disfraz. A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.

Tódalas actividades realizaranse de 11:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).

– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.

– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.

– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 1 de febreiro. Podes apuntarte enviando un email a [email protected] (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (http://www.amiguslabs.org/lab/wp-content/uploads/2018/01/autorizacion_menores.pdf).

Organizan:

Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:

Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Grupo de Empresa Endesa

Máis información en http://www.amiguslabs.org

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.

O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.