Nova oportunidade de aprender a usar o teu teléfono móbil na aula CeMIT de As Pontes

83

As Pontes, 29 de agosto| O día 5 de setembro a aula ceMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, porá en marcha un novo curso sobre teléfonos móbiles. Este actividade, orientada a persoas maiores, ten como obxectivo achegar a este colectivo o funcionamento dos novos teléfonos móbiles, coñecidos como “Smartphones”. Abordaremos aspectos básicos como gardar contactos na axenda, poñer alarmas, manexo de Whatsapp ou uso da cámara de fotos. “Aprende a usar o teu teléfono móbil” terá unha duración de sete días, de luns a venres de 10:00 a 12:00.

A inscrición é totalmente de balde.

Para  inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT de As Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.