Nova actividade na aula CeMIT, “Uso do correo electrónico na Internet”

25

As Pontes, 11 de novembro| O venres 18 de novembro comezará un curso de “Uso do correo electrónico na Internet”.

O obxectivo deste curso é aprender que utilidade ten o correo electrónico no noso día a día. Se usamos Internet, unha conta de este tipo é imprescindible, non só para o intercambio de mensaxes, se non porque soe ser un requisito que nos piden outros portais ou páxinas web para rexistrarnos e interactuar cos demais usuarios.

Esta actividade está dirixida a persoas maiores con coñecementos básicos no uso de ordenadores.

Uso do correo electrónico na Internet

Horario

10 a 12

Periodicidade

Luns, martes, xoves e venres

Duración

Do 18 ó 28 de novembro (12 horas)

Contidos

•Creación dunha conta de correo electrónico.

•Envío de mensaxes a un ou varios destinatarios.

•Envío de arquivos e formato de mensaxes.

•Rexistro en páxinas web.

•Participación en foros e blogs.

Como todos os cursos que se imparten na aula CeMIT é totalmente gratuíto. Para inscribirse inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.