As Pontes, 26 de febreiro|Unha nova acción formativa dirixida ao comercio pontés. que se desenvolverá en dúas xornadas de 3 horas nun mesmo día e adaptarase especificamente ás necesidades de cada cliente.

Pactando con cada punto de venda os días e os horarios. A estratexia a aplicar a cada punto de venda é personalizada varía segundo a súa localización, liña de produto, tipo de cliente e obxectivos.

Desenvolvemento da formación:

  • Estúdase a contorna, a túa competencia, os teus clientes, a túa tenda actual e o funcionamento do teu negocio.
  • Elabórase unha estratexia global en función ás túas necesidades definindo as pautas para seguir e poñéndoas en marcha.
  • Analízase a evolución e resultados axustando as pautas aos obxectivos.
  • Analízase a colocación do produto a súa adecuada implantación e rotación, definindo zonas frías e quentes.
  • Aprendemos a montar o noso propio escaparate e a utilizalo como ferramenta de venda.
  • Planificamos diferentes campañas de escaparates e promocións de forma anual.
  • Análise das súas debilidades, fortalezas e oportunidades de mercado.
  • Perfil de clientes.
  • Diferentes estratexias de Fidelización
  • Como diferenciarnos da competencia
  • Atención ao cliente e estratexia de vendas.

Para máis información poden chamar ou achegarse ata o IPPEC