As Pontes, 6 de novembro| Rematábase a actuación sobre o parque infantil de Celso Emilio Ferreiro, que xa está dende a pasada semana a dispor dos usuarios completamente remodelado.

Cambiouse o firme para poñer un novo solo antiimpactos, e substituíuse tamén novo o valado perimetral.

As obras incluiron a actuación sobre os bambáns dos nenos,e melloráronse ou remodeláronse os que xa había e intrucíuse algún novo.

Deste xeito gañouse en funcionalidade e en seguridade, nunha instalación moi empregada pola cidadanía para o esparcemento.

A empresa Alija Servicios foi a encargada de executar estas obras para as que dende o Concello se destinaban 21.714´62 €