Northwest Triman – información sobre cortes de tráfico

407

As Pontes, 22 de xuño| O domingo 25 de Xuño, celebrarase a terceira edición de Northwest Triman. O único triatlon distancia ironman de Galicia que se celebra nas Pontes e pasa polos concellos de Xermade e Vilalba.

Esta competición está amparada pola Xunta de Galicia e coa que colabora a Garda Civil de Tráfico, que estará a regular o tráfico e supervisando os cortes de vía.

Recomendamos deixar os vehículos estacionados fóra das vías que sexan usadas para a carreira (Ac861 e Lu861), para poder desprazarse sen complicacións por outras vías.

En caso de requirir cruzar ou acceder á vía por calquera motivo especial (persoa de mobilidade reducida ou carga e descarga) deberán chamar ao 679253177 indicando o lugar en que se atopan e esperar a que chegue unha moto da organización que lles escolte.

Está terminantemente prohibido acceder ao percorrido ou incumprir indicacións dos voluntarios que se atopen no circuíto.

O circuíto permanecerá pechado entre as 7:00 e as 16:30 entre As Pontes e O Carrizo.

Accesos e saída As Pontes: polo cruze da central dirección polígono Os Airios.

Cortes:

  • Lu-861 e Ac-861 desde desvío O Carrizo ata desvío Ribadeume.
  • Ac-101 desde O Brixeo a rotonda da Vilabella. Accederemos ás Pontes pola antiga estrada por As Campeiras.
  • Ag-64 inhabilitada saída rotonda de Cabreiros dirección Vilalba. Quedará só operativa a saída dirección As Pontes Ferrol para poder acceder dirección Roupar e Viveiro.

Este evento deportivo converteuse no máis importante da especialidade en Galicia e nun dos máis importantes de España. Virán participar 650 triatletas de toda España e Portugal, acompañados das súas familias. É un evento que se celebra unha vez ao ano e repercute moi positivamente tanto economicamente como turisticamente na comarca, polo que pedimos a súa colaboración e compresión polas molestias que puidese ocasionar.

Convidámoslles a achegarse ao circuíto para animar aos deportistas e gozar da carreira!!

MOITAS GRAZAS

Tlfno. 679253177 organización tráfico.

Cortes de tráfico: DESCARGAR