[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Un grupo de case corenta nenos e nenas do colexio Santa María, acompañados polas súas mestras, realizaron onte unha visita ao Concello.

Esta saída encádrase dentro das actividades que o centro escolar pontés realiza periodicamente para que os nenos e as nenas teñan un coñecemento práctico do contorno no que viven.

O grupo de escolares de entre 3 e 5 anos, puideron facerse unha idea do funcionamento da Institución visitando a alcaldía, o salón de plenos, as oficinas de administración, e outras dependencias nas que se desenvolve o día a día do Concello.

A tenente de alcalde, Montserrat García, recibiu aos pequenos no salón de plenos e explicoulles dun xeito adaptado ás súas idades o funcionamento da Institución.

Mesmo chegaron a proceder a votacións de temas vencellados ao seu centro propostos por eles mesmos.

Ao final da súa visita cada neno foi obsequiado cun libro dos Bolechas, da súa vista á praia de As Pontes, e un portalapiceiros.

[/fusion_text][/fullwidth]