As Pontes, 22 de xullo| Rematan as festas, péchanse as portas do programa infantil Parque@ctivo pero iso non quere dicir que os máis pequenos non teñan un lugar de diversión aínda que, neste caso, tocará cambiar os xardíns do campo da feira pola praia do lago.

Alí, durante o mes de agosto, a concellería de Xuventude desenvolverá unha nova edición do programa gratuito Mundoxogo. Precisamente este mesmo luns daba comezo esta actividade e que se desenvolverá en horario de 16.00 a 20.00 horas, gratuitamente.

Mundoxogo inclúe partidas de foamball e tamén a opción de desfrutar dos camións e das pezas de construcción, nun ambiente único como é a praia do lago, ao que tamén se suma unha zona de xogo para practicar fútbol.

Ata o 30 de agosto Mundoxogo estará activo de luns a domingo, a excepción dos días 23, 24, 25 e 26 de xullo e 15 de agosto.