As Pontes, 10 de setembro de 2019.   Montserrat Martí Caballé, filla da soprano Montserrat Caballé, presentará o sábado, 28 de setembro, a partir das 20:00 horas, no auditorio municipal cine Alovi o seu recital “ ÓPERA E ZARZUELA”.

A soprano, xunto co barítono Luis Santaña, acompañados polo pianista Antonio López fará un percorrido polo mundo da ópera e da zarzuela a través dunha sucesión de fragmentos de obras de diferentes compositores entre os que destacan Verdi,  Mozart ou José Serrano.

A primeira parte do recital estará centrado na época e os dous cantantes interpretarán pezas de Donizetti, Rossini, Mozart e tres fragmentos de La Traviata de Verdi. A segunda parte do concerto reservarase para a zarzuela, momento no que se escoitarán temas como Nana de Falla ou Me llaman la primorosa da zarzuela El barbero de Sevilla de Gerónimo Jiménez.

As entradas, ao prezo de 5 euros,  estarán á venta a partir do martes, 17 de setembro, en  www.tickentradas.com  e no 902 750 754. Na taquilla do auditorio municipal poderán mercarse o venres, 27 de setembro, de 12:00 a 14:00 horas e o sábado, 28 de setembro, a partir das 19.00 horas