As Pontes, 20 de agosto| O Concello das Pontes convoca unha concentración para gardar un minuto de silencio, hoxe, luns 20 de agosto, ás 12:00 horas, diante do Concello para manifestar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero, tralo último asasinato machista cometido en Cabana de Bergantiños (A Coruña).