As Pontes, 22 de xullo| O Concello de As Pontes convoca unha concentración para gardar un minuto de silencio, mañá martes, 23 de xullo, ás 10:00 horas diante do Concello para manifestar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero, tralo último asasinato machista cometido en Villalba (Lugo).
Desde o Concello de As Pontes lamentamos o sucedido e enviamos as nosas condolencias e apoio á familia.