As Pontes, 11 de marzo| O Concello de As Pontes convoca unha concentración para gardar un minuto de silencio, hoxe luns, 11 de marzo, ás 12:00 horas diante do Concello para manifestar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero, tralos últimos asasinatos machistas cometidos en Estepona (Málaga), Madrid e Valga (Pontevedra).