Mellora de accesibilidade nos edificios municipais – subvención

72

Os edificios públicos CEIP. A Fraga, Casa Dopeso y Cine Alovi datan de diferentes anos de construción, dende el 1973 do Cine Alovi ata o 1998 da Casa Dopeso. Debido á antigüidade dos mesmos, e por mor da normativa vixente que obriga á adecuación para a correcta utilización polas persoas discapacitadas, propóñense actuacións para cada un dos inmóbeis co fin de dar resposta a cada un deles. Estas actuacións, segundo os datos do Instituto Galego de Estadística, beneficiarán a 1.007 persoas con discapacidade

Este proxecto cofinanciarao o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), Unha Maneira de Facer Europa, có fin de Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social, e constará das seguintes actuacións.

CEIP. A Fraga: Próximo a unha das vías principais do núcleo urbano (avd de la Habana), procederase a modificar os aseos situados na planta baixa do ala este coa intención de dispoñer dun aseo adaptado. Plantéxase modificar parcialmente a batería de aseo sita na planta baixa do ala este. A área a reorganizar alcanza unha superficie de 8.5 m2 ocupados ocupados na actualidade por un vestiario e duchas en desuso. Unha vez reformados disporase dun aseo adaptado (5.25 m2) e un almacén (2.85 m2).

Casa Dopeso: A Casa Dopeso é un edificio público destinado a albergar, entre outros, ós servizos de Cultura e Servizos Sociais do Concello de As Pontes. Recentemente foi obxecto de reforma nos aseos da planta baixa dispoñendo de elementos adaptados, e mediante esta subvención realizaranse a instalación de prazas adaptadas no salón de actos. Actualmente a ocupación é de 218 butacas polo que, seguindo a normativa, ten que dispor de 3 prazas adaptadas para persoas de mobilidade reducida. As prazas reservadas contarán con acceso frontal, sendo as súas dimensións de 0,80 m de ancho y 1,20 m de fondo, dispoñendo de asento anexo para o acompañante. A localización das mesmas será na última línea de butacas, e para poder realizar o acceso frontal prevese executar unha apertura no cerramento posterior do salón de actos de forma que facilite o acceso directo ás devanditas prazas.

Cine Alovi: Situado nunha das principais arteiras do núcleo urbano, forma parte da historia Pontesa, sendo un dos edificios mais representativos e epicentro durante décadas das relacións sociais dentro do noso Concello. Nel plantéxase a modificación e distribución de butacas para dispoñer de prazas accesibles no patio de butacas. Na actualidade conta con 400 butacas polo que, por mor da normativa actual, deben de resrvarse 4 prazas accesibles. As prazas reservadas executándose na última línea de butacas, próxima ó acceso principal, para facilitar o acceso frontal, sendo as súas dimensións de 0,80 m de ancho y 1,20 m de fondo, dispoñendo de asento anexo para o acompañante.