As Pontes, 20 de novembro| Un grupo de medio cento de ponteses e pontesas terán mañá a oportunidade de asistir a unha sesión plenaria no Parlamento galego, en Santiago de Compostela.

Será no decurso dunha visita programada polo Concello de As Pontes na que poderán coñecer o funcionamento da Cámara autonómica.

Ás dez da mañá sairá unha expedición encabezada pola Concelleira de Participación cidadá, Montserrat García, e na que van integrantes das diferentes asociacións veciñais.

Na capital galega poderán facer unha visita polo Parlamento coñecendo o edificio e as instalacións e logo ocupar a tribuna de invitados para asisitr a unha sesión, antes de facer un pequeño paseo polo casco histórico compostelán.