Mecanografía para nenos en agosto na aula CeMIT

60

As Pontes, 14 de xullo|

Unha nova convocatoria de “Mecanografía para nenos” ensinará ós máis pequenos a escribir no ordenador utilizando todos os dedos da man, o que permite unha maior rapidez no uso diario de estes dispositivos.

“Mecanografía para nenos” desenvolverase do 1 ó 11 de agosto. Haberá a posibilidade de inscribirse en dous grupos. O grupo un terá unha quenda de 10:00 a 11:30 e o grupo dous de 12:00 a 13:30.

MECANOGRAFÍA PARA NENOS

Datas

Do 1 ó 11 de agosto

Horario

De 10:00 a 11:30 o grupo I e de 12:00 a 13:30 o grupo II.

Prazas

12 por grupo

Idade

Entre 6 e 16 anos

 

Estas actividades son totalmente de balde.

A inscrición neste curso realizarase no departamento de cultura da Casa Dopeso.