RTVEume /

Está aberto o prazo  para preinscribirse e matricularse na Escola oficial de idiomas  na súa sección de As Pontes.
A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI de Ferrol. A matrícula oficial está regulada pola circular de matrícula.
O alumnado oficial do curso 2014-2015 que continúa os estudos do idioma e o alumnado deThat’s English do curso 2014-2015que quere continuar na modalidade oficial, non precisa preinscrición, e deberá tan só reservar a súa praza e formalizar a matrícula.
Os de novo acceso teñen que facer preinscrición. Para preinscribirse deben acceder á aplicación de preinscrición e seguir as instrucións
Deberase logo esperar á adxudicación de prazas no día seguinte ao remate do prazo de preinscrición e, accedendo á mesma aplicación de preinscrición, comprobar se se foi admitido/a.
Unha vez admitido/a, deberá reservar a súa praza desde a mesma aplicación en liña e pagar as taxas correspondentes
Logo xa presencialmente e no prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do IES Castro da Uz, xa que a  matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.